AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Un ano máis, a praia da Magdalena

PHP-NukeUn ano máis, a praia da Magdalena será obxecto dunha intervención por parte da Demarcación de Costas para devolver ao areal o seu estado previo ao paso dos temporais e a acción do inverno e as mareas. Así, comunicárono onte en Cedeira responsables deste organismo público, que visitaron o areal en compañía do alcalde do municipio, o socialista José Luís Vergara.
O Concello manifestou en reiteradas ocasións a súa preocupación polo estado que presenta nos últimos meses a principal praia do municipio, moi danada tras o paso do temporal "Becky" en decembro. A Magdalena sufre todos os anos de forma preocupante os efectos do inverno e as mareas, que inciden dunha forma moi particular sobre o areal. A acción do mar e os ventos é especial na vila, tanto, que técnicos de Costas aseguraron no seu día que era a praia que máis sufría do litoral coruñés e ata de toda Galicia o paso do inverno. Fai un par de anos que responsables da Demarcación de Costas anunciaron unha actuación de maior envergadura que permitise pór fin a este efecto cíclico que dana tanto o areal, pero ata a data non hai novidades respecto diso. De feito, os responsables do organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño (MARM) só anunciaron dúas intervencións similares ás doutros anos, unha con carácter inmediato para arrombar o areal de face ás vacacións de Samana Santa e outra prevista para o mes de maio, pensando xa na época estival.

A primeira actuación non contemplaría ningún achegue de area, xa que en principio prevese achandar a superficie cos áridos que se foron sedimentando por distintos puntos da zona. Xa en maio, si se espera transvasar algo de area de áreas próximas.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Un ano máis, a praia da Magdalena" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos