NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Gonzalo Doce atribúe a súa marcha de TEGA á "falta de

PHP-NukeA decisión tomouse o pasado venres pero o levaba meditando un tempo. O edil de Urbanismo e Turismo de Valdoviño, Gonzalo Doce, recoñeceu estar sorprendido polo feito de que se coñecese xusto un día antes de que el mesmo oficializase a súa postura "onte"a súa intención de abandonar as filas de TEGA ao termo do mandato. "Era algo que tiña pensado comunicar hoxe "por onte", porque me gusta deixar as portas abertas", asegurou. Seguindo o ronsel iniciado en Valdoviño polo tamén edil de TEGA Antonio Montero, Doce recoñeceu que "non comulgo con algunhas persoas que están aí".

Gonzalo Doce apuntou que non comunicou á dirección do partido a súa decisión "porque de momento estou aquí". Con respecto a informar da súa postura ao secretario xeral de TEGA, Xermán Tobio, o edil valdoviñés incidiu en que "con ese señor non vou falar para nada, teño unha dirección do partido á que remitirei a miña baixa no seu momento".


A decisión está tomada e as razóns son varias. Ademais das diferenzas xurdidas coa actual directiva "o secretario xeral do partido é actualmente o edil de TEGA en Cedeira Xermán Tobío", Doce asegurou en que a formación "carece de ideoloxía". "É un partido mudo, roto, sen a liña que se marcou ao principio, e eu non me vía desde fai un tempo entre as súas filas", explicou o edil. Este criticou ademais o traballo que actualmente se realiza desde TEGA onde, asegurou, "non hai crítica, nin protestas, nin mocións".
No que respecta ao municipio no que formou parte das listas de Terra Galega nas pasadas eleccións municipais de 2007, Doce incidiu en que "gustaríame que se continuase traballando nunha mesma liña, unificando criterios en temas como o Plan Xeral de Ordenación Municipal, co consenso de todas as forzas políticas do concello". É por iso que tamén anunciou que "se me vou do escenario político, gustaríame que a mesa de seguimento do plan de urbanismo continuase traballando como o veu facendo desde que se creou ata agora".
Sobre a súa continuidade na vida política local, o concelleiro de Urbanismo indicou que terminará o presente mandato e, chegado o momento, cando se convoquen eleccións, "definireime se é que nese momento teño claro que quero continuar na vida política". O edil non descarta seguir traballando activamente en política e xa anunciou que, no caso de facelo, "será cunha forza política municipalista, onde os líderes teñas as cousas máis claras e cuxo único interese sexa o concello e a defensa dos intereses de todos os veciños".
Doce non aposta pola continuidade de Terra Galega como forza política en Valdoviño, onde polo momento, tan só a alcaldesa, Isabel Álvarez, non ha oficilizado a súa postura de face ás eleccións do 22-M. O concelleiro de Urbanismo asegurou crer que TEGA non se presentará aos comicios de maio, aínda que apuntou que algunhas fontes do partido confían en formar unha candidatura. "Se cadra nos sorprenden", indicou.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Gonzalo Doce atribúe a súa marcha de TEGA á "falta de " | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos