- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 43 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pesca destina axudas

PHP-NukeA Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas a investimentos para mellorar as condicións a bordo de buques pesqueiros e ao fomento da selectividade nas capturas. Nesta convocatoria inclúense as novidades introducidas polo Regulamento (CE) 744/2008, aprobado o pasado verán pola Comisión Europea co obxectivo de facer fronte ás dificultades xurdidas no sector pesqueiro. Estas axudas concédense con cargo ás aplicacións orzamentarias que en cada dos anos de vixencia do programa operativo FEP 2007-2013 sinala a correspondente Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta dirección, os importes máximos das subvencións outorgadas este ano ascenderán a uns 16,7 millóns de euros, dos que 9,5 millóns se corresponden á anualidade 2009 e os case 7,2 millóns de euros restantes, ao exercicio 2010.

A finalidade destas axudas é contribuír á modernización da frota pesqueira galega mediante o financiamento de investimentos a bordo dos buques, en particular daqueles equipos, artes ou motores que melloren significativamente o rendemento enerxético e que reduzan as emisións e incidan na loita contra o cambio climático. Deste xeito, as actuacións obxecto de subvención serán, entre outras, aquelas iniciativas que repercutan na mellora da seguridade a bordo do buque, nas condicións de traballo e de hixiene, na calidade e conservación dos produtos, no rendemento enerxético e na selectividade, así como a substitución do motor ou o cambio de artes de pesca por outras máis selectivas. Desta medida poderán beneficiarse os propietarios e/ou armadores de buques pesqueiros de cinco anos ou máis inscritos na lista 3ª no Censo de Frota Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia que teñan o seu porto base en Galicia. Ademais, os solicitantes teñen que estar ao corrente no pago das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha débeda coa Administración pública galega. Entre outras obrigas, os beneficiarios das axudas terán que executar as actuacións obxecto de subvención dentro dos prazos establecidos, manter a propiedade do barco durante un período mínimo de cinco anos, someterse ás comprobacións correspondentes e comunicar á Consellería de Pesca a obtención doutras axudas para a mesma finalidade. Así mesmo, é preciso que conten coa autorización necesaria para as reformas que dean lugar á variación de manga, puntal, eslora entre perpendiculares, eslora total, arqueo ou material do casco do buque, así como para todos os cambios de motor, obras que impliquen aumento da potencia auxiliar do barco, alteración da capacidade dos tanques de combustible e accións que afecten á estabilidade e navegabilidade.

Condicións específicas para cambio de motor e de arte


Para o cambio de motor (só poderá subvencionarse un troco durante a vixencia do FEP) e das artes de pesca establécense uns requisitos específicos. Así, no primeiro suposto poderase acceder á axuda sempre que a potencia do novo motor sexa igual ou inferior á do antigo (en buques con menos de 12 metros de eslora que non usen determinadas artes de arrastre); que a potencia sexa inferior, como mínimo, nun 20 por cento á do anterior (en buques con eslora non superior a 24 metros); ou que a potencia sexa inferior, como mínimo, un 20 por cento á do motor antigo, que o barco sexa obxecto dun plan de salvamento e reestruturación e opte por un método de pesca que consuma menos combustible (en buques de arrastre de máis de 24 metros de eslora). En canto á arte de pesca, poderán ser obxecto de axuda os cambios de redes coa limitación de dous trocos como máximo durante a vixencia do FEP a aparellos máis selectivos, sempre que os buques estean incluídos nun plan de axuste do esforzo pesqueiro dos indicados no regulamento base do FEP e teñan solicitada a autorización para modificar a arte e a pesqueiría. Neste punto, tamén poderán ser financiados ata dous trocos nas artes cando a nova sexa máis selectiva e se axuste a prácticas ambientais recoñecidas, máis estritas que as obrigas existentes no marco da normativa comunitaria, ou o primeiro cambio de arte. A presentación de solicitudes poderá facerse no prazo dun mes contado a partires de mañá, tendo en conta que a porcentaxe máxima de contribución pública das axudas será igual ou menor ao 40 por cento do total dos gastos elixibles. No caso de cambio de motor a achega será como máximo do 20 por cento e nas actuacións realizadas en buques de pesca costeira artesanal, a subvención poderá ser igual ou menor ao 60 por cento do total dos gastos elixibles. No entanto, no caso de investimentos a bordo acollidos ao previsto no Regulamento (CE) 744/2008 a porcentaxe de axuda poderá chegar ao 60 por cento. Tamén hai que ter en conta que o número máximo de investimentos a bordo que se poderán conceder en todo o período de vixencia do FEP será de tres, salvo causas de forza maior debidamente xustificadas. Así mesmo, as medidas para as que se solicite axuda non se poderán iniciar antes da presentación de solicitude nin antes da realización da acta de comprobación por parte dos servizos da Consellería de Pesca. Aínda así, só para a convocatoria de 2009 considéranse subvencionables os investimentos realizados dende o 1 de xaneiro de 2007 sempre que conten coa correspondente certificación de non inicio e que solicitando axudas ao abeiro de ordes anteriores de Pesca non obtiveses resolucións favorables.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Pesca destina axudas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos