|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Portos de Galicia - Concello de Cedeira |
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, lamentou onte non ser invitado á
reunión que se produciu o pasado sábado na lonxa local. Como se
recordará, o titular de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana
entrevistouse co patrón maior da Confraría, Agustín Pérez Pernas, e
demais membros do depósito para explicarlles os pormenores dunha serie
de actuacións que se acometerán na dársena, como a construción de dúas
novas naves, para redes e caixas de peixe, ou a recuperación da Casa do
Mar.
© 2011 - Diario de Ferrol
Trátase dun paquete de intervencións "importante", como cualificou o
rexedor cedeirense, aínda que de "menor calado do que cabería esperar".
Neste sentido, José Luís Vergara, recorda que o que se debería anunciar
dunha vez por todas é a construción dunha nova lonxa, "unha demanda
histórica das xentes do mar, quen, segundo parece, deberán seguir
agardando", asegurou. O rexedor socialista recorda que ata desde
Sanidade alertouse no seu día da situación deficitaria que presenta a
lonxa local, un edificio que se quedou completamente obsoleto e que de
modernizarse como cabe esperar viría consolidar o porto local como un
dos de maior volume de vendas da zona. Esta obra sumaríase á adecuación
dos almacéns para exportadores, obra entregada ao depósito o ano pasado.
O alcalde cedeirense mostrouse crítico coa forma de actuar do titular de
Portos, que non anunciou a súa visita ao Concello nin aos responsables
municpales. "Eu entendo que nunha relación institucional normal baseada
nos principios mínimos do protocolo que cabería esperar a un cargo
público como este que se debería actuar doutro xeito", asegurou. Por
outra banda, o alcalde pregúntase se Álvarez-Campana realizou a súa visita
á vila como presidente de Portos ou talvez como secretario de
Organización do Partido Popular, nese caso sería máis entendible a forma
en que se actuou.
En canto á lonxa local, José Luís Vergara considera que "é moi posible
que José Manuel Álvarez-Campana queira anunciar as futuras obras nun mitin
do PP local".
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Portos de Galicia - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|