- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 75 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Preocupación polo estado da Magdalena e a falta de investimentos

PHP-NukeCando están a piques de cumprirse os tres meses desde que o temporal "Becky" azoutase a costa galega, a normalidade aínda non se restableceu. Polo menos no que se refire á praia cedeirense da Magdalena. Co paso dos días a preocupación polo estado no que se atopa o areal aumenta. Neste sentido, o alcalde da localidade, José Luís Vergara, considera que xa pasou o tempo suficiente para que empecen a verse movementos por parte de quen deben facerse cargo da mellora da maltreita praia.
Como se recordará, a Demarcación de Costas en Galicia ocúpase regularmente da achega de áridos na Magdalena, un areal que sofre regularmente as consecuencias do efecto das mareas e as correntes mariñas propias do lugar. A chegada de fenómenos adversos como o "Klaus" e posteriormente "Becky" provocaron graves danos na zona. A erosión da primeira fronte emendouse cun transvase de áridos desde a zona próxima á desembocadura do río Condomiñas. Xa por aquel entón desde Costas apuntábase que a mellora só era un "lavado de face" provisional deixando para máis adiante unha intervención máis profunda. Precisamente esta mellora resulta agora máis necesaria que nunca, sobre todo tras o paso do temporal "Beky" que volveu deixar o areal cun desnivel superior ao metro e medio.
Costas comprometeuse tras o paso da fronte, en novembro pasado, a acometer unha nova intervención "todos os anos someten ao areal a unha" máis exhaustiva que require dun achegue de áridos moito maior ao de anteriores ocasións e que inclúe un estudo sobre a influencia das mareas no lugar e unha posible intervención para paliar estes efectos.


© 2011 - Diario de Ferrol


Os meses pasan e desde o Concello temen que os recortes orzamentarios leven parte dos fondos necesarios para acometer esta intervención máis completa. O alcalde, José Luís Vergara, manifesto o seu desexo de entrevistarse co xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, para trasladarlle a súa preocupación polo estado en que se atopa o areal da vila, moi frecuentado durante o verán.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Preocupación polo estado da Magdalena e a falta de investimentos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.36 Segundos