AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 49 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Carné por puntos para os pesqueiros

PHP-NukeO carné por puntos chegará tamén ao mar. O director executivo da Axencia Europea de Control da Pesca, Harm Koster, valorou positivamente a creación deste novo sistema de penalización para os barcos pesqueiros e confiou en que esta medida da UE poida estar lista
este mesmo ano. Nunha rolda de prensa celebrada onte na sede da Axencia en Vigo, onde se abordaron os principais asuntos tratados no Consello de Administración do xoves no organismo, Koster afirmou que este carné por puntos "está ben" xa que "pode axudar a mellorar o respecto das regras". Co fondo mariño gravemente ameazado, entre un 11 e un 20% de capturas ilegais e multas irrisorias para os que in*****pren a lei, Europa pretende que este novo sistema de sancións disuada pouco a pouco os buques piratas e aqueles que cometen infraccións.
Harm Koster recordou que o devandito carné nace como unha proposta da Comisión Europea que deberá ser aprobada polo Consello da UE. Neste sentido, estimou que o organismo "podería adoptalo este ano", aínda que, tal e como aclarou despois, "non é seguro".

A idea que tiña a Axencia, polo menos hai xa uns meses, é que cando un barco ou un operador in*****pran as normas, ademais da multa, recibA un número de puntos proporcional á gravidade da súa infracción. Se supera unha cantidade determinada en tres anos retiraráselle a licenza de pesca durante seis meses. Se reincide, perderaa durante un ano. Á terceira, suspenderáselle o permiso de forma definitiva.
As infraccións máis graves poderían supoñer unha retirada de seis puntos dos 12 cos que, en principio, contará cada capitán do buque, ao igual que no caso dun coche.
Ademais, Koster referiuse tamén á seguridade dos buques pesqueiros e, malia recordar que a Axencia non abrangue ese ámbito, asegurou que, en xeral, o nivel de accidentes "é elevado". Máis de 7 millóns para o sector
Por outra banda, o Consello de Ministros aprobou onte a distribución entre as comunidades autónomas de 14,4 millóns de euros destinados ao sector pesqueiro español, dos que Galicia recibirá 7,21 millóns.
Segundo informa o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, con estes fondos financiarase o programa operativo do Fondo Europeo da Pesca (FEP) e os Plans Nacionais de Cultivos Mariños.
Ademais, España defenderá o criterio de sustentabilidade como instrumento básico para deseñar un novo modelo de xestión pesqueira, segundo un informe remitido ao Consello de Ministros polo Ministerio. O departamento de Elena Espinosa centrará nesta idea a súa intervención na World Fishing Exhibition, que se celebrará en Vigo. As maiores infraccións, en bacallau e atún vermello    Os maiores in*****primentos detectados pola Axencia Comunitaria de Control da Pesca durante 2008 foron nas declaracións de capturas tanto do atún vermello do Mediterráneo e do Atlántico Leste como do bacallau do mar Báltico, segundo o xefe de unidade de coordinación operativa da ACCP, Pedro Galache, que sinalou onte que “en xeral” son nesas capturas desas áreas marítimas onde “máis risco de in*****primento” se detectou.
O informe destaca os “bos resultados” en materia de cooperación operacional entre os estados membros, así como un óptimo comezo na promoción da ampliación uniforme das regras da PPC polos estados membros. No que atinxe ás capturas de bacallau no mar Báltico, Galache indicou que os plans de desenvolvemento conxunto levados a cabo nesa zona “non aseguran un total control efectivo”, xa que existe un problema “recorrente” que pasa pola non declaración do total das capturas desa especie pesqueira.
Sobre o atún vermello dixo que o respecto dos límites de captura continúa sendo un “gran reto” e avanzou que, a partir do próximo mes de abril, se creará en Vigo un grupo técnico, composto por expertos, que centralizará a campaña e o control do atún vermello.
Link: XORNALONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Carné por puntos para os pesqueiros" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos