- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 90 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Mellorar a solvencia das caixas

PHP-NukeUn artigo de Xavier Carro , publicado no Xornal de Galicia.
© 2011 - Xornal de Gallicia

"A Vicepresidenta do Goberno, Elena Salgado vén de anunciar unha nova esixencia de capitalización ás caixas de aforros, xusto despois do proceso de fusións. E avisa de que as que non cumpran en outono serán obrigadas a transformarse nun banco para que o Estado poida entrar no seu capital, ou sexa, serán nacionalizadas.

Algúns dirán que se trata dunha privatización das caixas de aforros, pero mal se pode explicar ese argumento se ó final o Estado as nacionaliza. Outros dirán que se tiña que ter feito antes, pero se así fose, non terían oportunidade de manterse como tales caixas aquelas que sexan capaces de capitalizarse debidamente.


En calquera caso, dende que no acordo de Basilea III se aprobou elevar ó 8% os fondos de capitalización dos bancos, resultaba evidente que as caixas terían que seguir o mesmo camiño. Unha axeitada capitalización, e a superación das probas dos stress test son a mellor garantía, xa non só de solvencia, senón de viabilidade futura das caixas.

Debemos lembrar que esta esixencia de capitalización dos bancos a nivel internacional foi unha proposta apoiada por España nas primeiras reunións do Ecofin e do G-20 unha vez que estalou a crise, e que está en liña co que o Banco de España ben facendo no sector financieino español dende o caso Banesto. Foi unha medida amplamente demandada pola esquerda, precisamente para evitar as operacións especulativas do sector financeiro, e agora, loxicamente as caixas terana que aplicar.

Se os nosos bancos resistiron mellor que os de outros países a caída do sistema financeiro internacional foi porque a súa implicación no sector inmobiliario era menor e tiñan investimentos industriais ou empresariais diversificados en moitos países. Pero as caixas, tamén a nosa, tiñan unha implicación no sector inmobiliario que superaba o 70% do seu risco. Esta situación seguramente mellorou cos fondos captados do FROB, pero penso que son aínda insuficientes.

A nova situación necesita dunha estratexia económica galega que incorpore ás principais corporacións, empresas e investidores potenciais, primeiro para cumprir as novas esixencias e segundo para construír unha verdadeira caixa galega, non polo nome da entidade ou polo apelido dos seus xestores, senón porque se implique realmente no desenvolvemento económico de Galicia. Tamén aquí, como teño dito noutros artigos, non viría mal ter coa diáspora unha relación económica máis fonda que superase as visitas de Feijóo, conselleiros e alcaldes levando empanadas, pulpo e gaitas para as escolas dos centros galegos.

En definitiva, auguro unha nova oportunidade perdida para Galicia, porque esta Xunta non está pola labor de traballar e construír. Está xa a estas horas o señor Feijóo preparando o seu enésimo furibundo ataque a Zapatero co que xustificará a súa incompetencia e sorrirá ante os seus dicindo polo baixiño “oíches o que lle dixen”.

© 2011- Xavier Carro - Xornal de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Mellorar a solvencia das caixas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos