|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 7 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| AC-566 PERIGO !!!! - Nova xornada de denuncia |
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, confirmou onte a intención
dalgúns responsables do PSOE comarcal e provincial de escenificar a que
será a primeira "marcha" reivindicativa para a mellora da AC-566, acto
que terá lugar o vindeiro domingo día 23 de xaneiro.
Segundo o rexedor no encontro estarán presentes, entre outros, o
responsable de Infraestruturas Pablo López Vidal, quen fora titular
desta mesma área durante o bipartito, pero no ámbito provincial, Alberto
González. Tamén se espera que asista o deputado Xavier Carro. Todos
reuniranse no coñecido como ponte do Puntal, na AC-5466, a uns
quilómetros da vila.
Tras este encontro, con marcado carácter reivindicativo, os responsables
do PSOE reuniranse para traballar nese extracto que prevén entregar a
todos os veciños da vila no que se resume o primeiro proxecto para a
AC-566 que foi elaborado polo goberno bipartito e para cuxa redacción e
posterior execución piden a colaboración do goberno de Alberto Núñez
Feijóo.
Outra das medidas de protesta ideadas polo PSOE cedeirense é a de
informar a cada veciño da vila mariñeira do estancamento do proceso e da
necesidade de estar unidos de face a futuras reivindicacións que
puidesen exporse.
Vergara Rei insiste en que unha vez que resuman o referido dossier,
realizado en 2008 pola Xunta, o mesmo visitará a cada veciño, "porta
por porta" para presentalo. Así mesmo, o primeiro edil cedeirense non
descarta entregar algún exemplar no feirón do día 23, se o texto está
terminado.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"AC-566 PERIGO !!!! - Nova xornada de denuncia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|