- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 41 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Redución do impacto das riadas nos tramos fluviais

PHP-NukeA redución do impacto das riadas nos tramos fluviais que xa foron urbanizados require, na maioría dos casos, obras complexas e custosas, pero os danos que provocan as inundacións poden limitarse paralizando os desenvolvementos urbanísticos nas ribeiras dos ríos identificadas como zonas de risco. Augas de Galicia ten sinalados nun estudo deses puntos perigosos 180 quilómetros de ribeiras en 39 concellos, nos que a Xunta non permitirá un ladrillo máis.

Nunha primeira fase, o organismo autónomo determinou as áreas con risco potencial significativo de inundación. Trátase de analizar o perigo de desbordamento no ámbito dos ríos de Galicia-Costa, a conca de competencia autonómica, para identificar os tramos fluviais a estudar con máis detalle. A segunda fase, previa ao desenvolvemento de plans de xestión, consiste en elaborar os mapas de risco de inundación. A partir dos datos históricos e a análise da vulnerabilidade e perigo, o ente delimitou 40 tramos que suman eses 180 quilómetros de ríos que bañan 39 concellos: Oia, Baiona, Gondomar, Redondela, Moaña, Cangas, Marín, Poio, Caldas, Portas, Vilanova, Ribadumia, Vilagarcía, Valla, A Estrada, Teo, Padrón, Rianxo, Noia, Val do Dubra, Outes, Muros, Vimianzo, Zas, Carballo, Coristanco, Ponteceso, Cabana, A Baña, Arteixo, Betanzos, Pontedeume, Neda, Narón, Moeche, San Sadurniño, Cedeira, Viveiro e Mondoñedo.

As restricións construtivas neses puntos entrarán en vigor co novo Plan Hidrolóxico, previsto para este ano. Ata entón, mandan as achaiaduras de cada municipio.


23 quilómetros no Umia

A incidencia das restricións urbanísticas asociadas ao risco de riadas será maior na ribeira do Umia. O estudo de Augas de Galicia considera perigosos varios tramos que suman 23 quilómetros na zona final do río, desde o núcleo urbano de Caldas e pasando polos concellos de Portas, Vilanova e Ribadumia. Outras ribeiras con máis quilómetros de zonas de risco son as do Anllóns (13,42 quilómetros desde a zona anterior a Carballo, a súa centro urbano e a zona da desembocadura do río) e do Río Grande de Xubia (15 quilómetros que abarcan os municipios de Moeche, San Sadurniño e Narón).

Link: VONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Redución do impacto das riadas nos tramos fluviais" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.18 Segundos