- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 45 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Mar convoca axudas por 30 millóns

PHP-NukeA Consellería do Mar pretende, unha vez máis, dar un impulso ás empresas que invistan en transformación e comercialización en Galicia con axudas por importe de 30 millóns de euros en total para o sector transformador e comercializador. O departamento que dirixe Rosa Quintana persegue, a través da orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, potenciar a competitividade no sector procesador galego, promovendo así o desenvolvemento económico, social e produtivo da nosa comunidade. En pleno contexto de crise, a Xunta fixo un esforzo para adiantar a publicación da convocatoria no mes de decembro, co obxectivo de axilizar as resolucións e que as empresas poidan dispór das axudas o antes posible.

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de establecementos de transformación ou comercialización de produtos de pesca, marisqueo e acuicultura xa existentes en Galicia e aquelas que establezan novos centros na nosa comunidade. As axudas aos investimentos limitaranse ás microempresas, ás pequenas e medianas empresas e ás empresas con menos de 750 empregados ou cun volume de negocios inferior a 200 millóns de euros. Son obxecto destas subvencións os investimentos que redunden na mellora das condicións de traballo e na mellora e o seguimento das condicións hixiénicas e de saúde pública ou da calidade dos produtos. As actuacións encamiñadas á produción de produtos de alta calidade para mercados altamente especializados, á redución do impacto negativo do ambiente, a unha mellor utilización de especies pouco aproveitadas, subprodutos e residuos e á comercialización de produtos procedentes esencialmente dos desembarques locais e da acuicultura tamén son obxectivo de estas axudas, así como a produción ou comercialización de novos produtos, a aplicación de novas tecnoloxías ou o desenvolvemento de métodos innovadores de produción ou comercialización.O importe total, 30 millóns de euros, distribuirase en tres anualidades, ata o 2013 e as subvencións contarán co financiamento do Fondo Europeo da Pesca nun 61%. A porcentaxe máxima de contribución pública das axudas será igual o menor ao 60% do total dos gastos subvencionables. Para empresas quen non teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas, e que teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200 millóns de euros, a contribución pública será dun máximo dun 30%. O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 31 de xaneiro de 2011.
Link: XONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Mar convoca axudas por 30 millóns" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos