- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 58 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Contestación as declaracións do PP de Cedeira sobre as festas 2008

PHP-NukeCedeira, 10 de decembro de 2010

A agrupación do PP de Leopoldo Rubido, o peor alcalde da historia de Cedeira, como queda demostrado polas innumerables multas a que está condenado este Concello porculpa do caciquil estilo de goberno executado por este homiño e os catro secuaces que lle bailen as “grazas”, tenta de novo confundir á opinión pública, promulgando datos engañosos, falseando verdades e a contratempo.

Datos engañosos: debe ser que a súa debil e carente cabeciña non lle dá para pensar que a Cultura é algo mais que as festas, o seu dictatorial cerebro non lle dá para pensar que existen outros xeitos de facer política que non sexa o seu. Pois non señores Rubido, para a súa desgraza e para o ben da comunidade existen múltiples e variados tipos de políticas que non pasan pola subvención condicionada, á que tanto nos tiña acostumbrados, tal e como está a demostrar este goberno no que me incluo.

Fala vostede, ou o seu hirmá que é o mesmo, que se adicaron 50 millóns de pesetas á realización das festas do 2008, si fora certo, que non o é:

-       por que cala ata a de agora?, será porque como non asiste a ningún pleno dende fai anos non lle viña ben decilo alí? Ou quizais por aquelo de minte que algo quedará? , e como se acercan as municipais e non atopa argumentos de peso para a crítica, ten que recurrir á mentira descarada ...

-       homiño de Dios, os 50 millóns de pesetas foron adicados a CULTURA de todo o ano (incluidas as festas)

-       Nese ano 2008 o actual equipo de goberno fixo un esforzo orzamentario especial en aras da cultura e do turismo, xa que o seu equipo deixara éstes campos como leiras ermas en Cedeira, e tivemos que plantexar un plan de choque para voltar a situar Cedeira no mapa Cultural, Social e Turístico.

-       As festas do2008 costaron o mesmo que as que organizou o seu hirmá o ano anterior, pero con unha diferenza: a proxección nacional e internacional da programación. Puideron gustar ou non, ahí non vou entrar, pero Cedeira saiu de xeito gratuito nas páxinas centrais de TODOS os xornais de tirada estatal, coa publicidade que iso supón para unha vila turística como a nosa, e as publicacións especializadas recolleron á actuación de Percy Sledge en Cedeira como un feito histórico, xa que foi a única que éste monstruo da música, que conta cun espazo permanente no Music Hall of Fame, repito, foi a única que deu en toda a súa vida en España.

Fala tamén de irregularidades na contratación:

-       Non home non, no Concello de Cedeira xa non se fai como facía vostede que para otorgar contratos a quen vostede quería, saltándose á torera toda a normativa vixente, contrataba a iluminación navideña da rúa do mariñeiro (para vostede Almirante Moreno) por un importe, é, curiosamente contrataba coa mesma empresa e para as mesmas datas a iluminación navideña de Arriba da Ponte, rúa Ortigueira e 4 mais, e ademais voltaba a contratar coa mesma empresa é, que curiosidade, tamén para as mesmas datas, tamén iluminación navideña, pero para outras 12 rúas.

E por certo toda a súa contratación de iluminación non era moi boa, xa que o primeiro ano que xestionamos este Concello,  duplicamos o número de arcadas e ainda así baixamos o custo total. Cando quera e como quera comparamos as xestións e as contratacións, as súas coas nosas, pero claro, isto, por motivos obvios, non lle vai a interesar.

Para rematar, xa que neste Concello hai traballo moito mais importante que facer que atenderlle as ravietas a un ser inadaptado, voulle dar unha recomendación:

Si se quere adicar á política, interésese un pouco pola Sociedade, polos servizos sociais, pola Cultura, polos nenos aos que lle prihibía vostede xogar á pelota na rúa,  e deixe a mentira como xeito de vida: poderase enganar a vostede mesmo, pero a sociedade e moito mais intelixente do que vostede pensa, e non se deixa enganar tan facilmente.

Ou mellor ainda, sexa resposable, recoñeza os mais de 60 millóns de pesetas que levamos pagados de multas pola súa única culpa, e, sendo coherente con esa responsabilidadeabandone a política, xa que vostede, a todas luces é un fraude.

Xermán Tobío

Concelleiro de Cultura, Deporte e Xuventude de Cedeira






Link: Xermán Tobío Padín . Concelleiro de Cultura Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Contestación as declaracións do PP de Cedeira sobre as festas 2008" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos