- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 62 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Convenio urbanístico

PHP-NukeO Concello de Cedeira chegou a un acordo cun grupo de construtores polo que a administración local garántese chan urbano para vivendas sociais, mentres que os empresarios amplían as súas expectativas de negocio co que podería converterse no primeiro centro comercial do municipio.


© 2010 - Diario de Ferrol


A firma do convenio urbanístico formalizouse esta semana e o desenvolvemento do mesmo afecta, por unha banda, a unha leira de 18.000 metros cadrados situada no lugar de Beco e Agrochail e, polo outro, a dous solares localizados na rúa Zumalacárregui. Neste último caso, a superficie supera os 770 metros cadrados e, dado que se trata de chan urbano residencial, o proxecto que o Concello considera probable podería traducirse nun importante número de vivendas. Neste sentido, o rexedor municipal, o socialista José Luís Vergara, explicou que a día de hoxe o Concello non dispón de chan que pór en mans da Xunta para a construción de casas sociais e que esta demanda existe tanto no que se refire a primeiras residencias para o caso da poboación máis nova como entre aquelas familias con menos recursos económicos.

En canto ao cambio de cualificación urbanística proposto polos empresarios vinculados á empresa Albergues Rías Altas SL, esta pasa por darlle a unha bolsa de 18.046 metros cadrados a valoración de chan urbanizable delimitado, de modo que á marxe de ampliar a edificabilidade da parcela garántese o seu uso como zona dotacional. Así, o desenvolvemento do acordo agora asinado dará lugar á construción dun centro comercial e á creación dunha aparcadoiro anexo de aproximadamente 60 prazas, aspecto que o rexedor municipal destacou á hora de explicar os termos do convenio urbanística. Por outra banda, a redacción do mesmo correrá a cargo dos seus promotores, así como o seu financiamento, que podería alcanzar os 50.000 euros. Previamente, no entanto, será preceptivo contar co respaldo do pleno da corporación municipal para levar á práctica os termos do acordo asinado na xornada do pasado venres. Por iso, o alcalde prevé someter o asunto á consideración de todas as forzas políticas locais na sesión plenaria que en cuestión de días fixarase para mediados do presente mes. De saír adiante, o Concello tamén asume a defensa do convenio urbanístico ante a administración autonómica. José Luís Vergara entende que a fórmula de cesión de chan a cambio de edificabilidade resulta interesante para ambas as partes.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Convenio urbanístico" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos