- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 33 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Rede de sumidoiros

PHP-NukeAs zonas de Gaias de Area e Arriba da Ponte, barrios da zona baixa de Cedeira, sufriron onte pola mañá problemas coa rede de sumidoiros de augas. Tras a gran tromba de auga que caeu á primeira hora na zona do Ortegal, parte do sistema de recollida de augas de Cedeira mostrou as súas deficiencias ao verse colapsado. Algúns sumidoiros sobordaron e deixaron saír á superficie a auga.

Segundo o alcalde da vila, Jose Luís Vergara Rey, son problemas puntuais que manifesta a rede en momentos de choiva moi intensa. «Aínda que non afecte a moitas casas, para o Concello é un problema moi grave polo prexuízo que ocasiona aos veciños», asegura o primeiro edil. Foi o propio alcalde o que tivo que avisar á empresa que leva os servizos dos problemas que estaban acontecendo para que limpase as redes de sumidoiros con problemas.

A rúa Gaias de Area atópase nunha zona de bifurcación de augas, e recibe unha gran afluencia de pluviais de Piñeiro. Fai apenas uns meses o Concello xa levou a cabo un plan de reparación e substitución de parte de sistema de tubaxes da zona. «A maior parte da auga pluvial que recibe a área de Gaias intentouse derivar a outras redes, pero vemos que foi unha medida insuficiente», explica Vergara. O barrio de Arriba da Ponte tamén tivo problemas, segundo o Concello, pola saída de augas «tan estreita» que ten a zona.

O rexedor pide ao actual Goberno da Xunta que acometa as reformas que estaban aprobadas pola anterior lexislatura. «Tiñamos aprobado un proxecto para o paseo da Magdalena, agora non sabemos cando levará a cabo», lamenta. Vergara asegura que o sistema de canalización dalgúns barrios do municipio non se repararon desde fai máis de 25 anos, e seguen sendo tubaxes de cemento que deixan traspasar a area, o que dificulta a canalización en momentos de moita choiva. O Concello xa levou a cabo varios proxectos de substitución destas canalizacións por sistemas de PVC herméticos nalgunhas redes radiais do municipio.

LinK.VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Rede de sumidoiros" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos