AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 54 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 AGDS - A Trabe

PHP-NukeA empresa de cogeneración de enerxía eléctrica e térmica AGDS prevé instalarse o próximo ano no polígono A Trabe de Cedeira, segundo afirma o alcalde da localidade, José Luís Vergara. «Forma parte destas novas empresas do municipio que diversificarán notoriamente o tecido industrial da zona», explica Vergara.

Concretamente, esta entidade utiliza a combustión da biomasa forestal para xerar enerxía térmica, e aproveita para transformar unha parte da calor en enerxía eléctrica. Este tipo de industria permitirá facer uso dos recursos naturais dos que dispón o municipio, que conta cunha das maiores reservas de eucaliptos de Europa. «Á empresa benefícialle poder dispor do material necesario in situ, sen ter que traelo desde outras zonas», asegura Vergara.

A biomasa axudará ademais a «manter limpos os montes, xa que estas empresas utilizan tamén a maleza dos bosques», recorda Vergara. Fai fincapé no calado ecolóxico da planta, e reitera que «se non cumprise as esixencias ambientais, non se aceptaría no municipio».

De momento, os plans de AGDS pasan por buscar financiamento antes de instalarse no municipio. Segundo confirma o primeiro edil, a empresa de biomasa presentará o seu proxecto á convocatoria do Plan Ferrol do 2011, financiado polo Ministerio de Industria, para solicitar fondos e acceder a un crédito a 15 anos con grandes beneficios fiscais.

Ademais, o Concello adianta que chegaron a un acordo coa planta, polo que lles cederán «a enerxía equivalente a 125.000 euros», dos que se fará cargo para repartir entre as entidades sociais da localidade que estime conveniente. «Será moi beneficioso para asociacións como a residencia de maiores, o viveiro de empresas, ou para a planta que criará algas no mesmo polígono, por exemplo», explica Vergara. Con esta medida o goberno local espera axudar ás entidades que non están pasando un bo momento pola crise, e busca facer máis atractiva a instalación de novas empresas no municipio. «Desde o Concello cederemos esta enerxía a quen o necesiten», asegura o alcalde do municipio.

No polígono está previsto que se instalen no 2011 outras entidades, como o viveiro de empresas que lidera o Concello, a planta de construción de aeroxeradores, o proxecto de caixas acústicas, ou a empresa de cultivo de algas mariñas.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"AGDS - A Trabe" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos