AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 21 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Decreto para establecer quen pode dar cursos

PHP-NukeA Fundación Galega de Formación para o Traballo (FGFT), que depende da Xunta e da que forman parte os axentes sociais, organiza ata mañá unhas xornadas sobre formación en Santiago. Onte, os sindicatos ­CC OO, UGT e CIG e a patronal inauguraron o encontro cos seus relatorios. A CIG incidiu nun borrador de Decreto que a Xunta prepara co fin de, entre outras cousas, rexistrar os centros que poderán impartir cursos, un paso adiante para establecer requisitos, pero con matices.

O borrador, co que os axentes sociais están de acordo para poder establecer parámetros de calidade, ten para a CIG dous problemas. O primeiro, que “se propón que entre en vigor dentro de dous anos”, co que “a actual política de reparto de subvencións seguirá vixente e non se aplicará de inmediato”, din. Por outra banda, Traballo introduce unha excepción “perigosa, que é que os centros teñan que cumprir eses criterios pero non para cursos de duración inferior a vinte horas”.

Este sindicato espera ver publicado o relatorio do seu secretario confederal Anxo García Torres no libro que editará a Xunta sobre estas xornadas, despois de que ameazaran con censuralo por ter “un contido político que roza o admisible”. A CIG criticou tamén as decisións do Executivo estatal, así como o encaixe “das empresas privadas”, que “fan negocio” no que debera ser “un sistema público” de formación.

Pola súa banda, CC OO e UGT, os dous sindicatos que asinaron o acordo do diálogo social coa Xunta, centraron as súas intervencións nas carencias da reforma laboral de Zapatero e nos cursos de formación para empregados, que deben estar incluídos, cren, na propio convenio coa empresa. “Debemos desenvolver e mellorar a vinculación entre os convenios colectivos e a formación para o emprego”, incidiu CC OO, e “detectar as necesidades de formación” en cada zona. Lembrou que os traballadores destinan un 0,7% da súa cotización a esas políticas. UGT coincidiu nesta liña e incidiu no feito de que os traballadores que queren formarse “non teñen máis remedio que facelo fóra do horario laboral e ir a centros específicos”.

Desde a Confederación de Empresarios de Galicia tamén amosaron a súa preocupación polos “problemas de cualificación” dos traballadores e o “escaso encaixe do alto número de licenciados”.
Suscripción a papel

Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Decreto para establecer quen pode dar cursos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.23 Segundos