- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 66 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Xunta recúa

PHP-NukeA Xunta recúa e asegura que o artigo no que un sindicalista da CIG critica a súa política en materia de formación non será silenciado. Así o anunciou onte Víctor D. Gómez, o director xerente da Fundación Galega da Formación para o Traballo (FGFT), quen indicou que “nunca censurou nin censurará un texto dun relator”, na reunión urxente celebrada a petición de Manoel Anxo García Torres, secretario confederal da CIG. Como avanzou Xornal, o sindicalista denunciou que recibira unha chamada do director xerente na que lle comunicaba a súa intención de non incluír o seu texto nun libro que recollerá os puntos de vista dos participantes nun encontro sobre as políticas de formación do Goberno galego.

Segundo o director xerente da FGFT, o relatorio do sindicalista “non se axustaba, desde un punto de vista técnico, ao tema que se lle tiña comunicado”. Ademais, argumenta que o escrito debía ser “orixinal”, polo que “incumpriu” este punto “ao ser publicado o 28 de outubro na web da CIG”. García Torres, pola súa banda, considera que a Xunta “recuou, sen que o pareza”, xa que o seu texto “foi aceptado no seu día” e “en ningún caso o motivo da chamada” no que lle comunicaron a intención de non publicalo “foron as cuestións técnicas”. De feito, na autorización de publicación á que tivo acceso este medio, o sindicalista xa advertía de que o seu texto fora publicado con anterioridade en Internet.

Manoel Anxo García Torres considerou que o director xerente da FGFT está a “buscar escusas”, xa que “unha mesa de secretarios confederados non é de técnicos”, polo que “non se pode pretender que non afloren reflexións políticas” como a súa, que Víctor D. Gómez cualificou por teléfono como “opinión política que roza o permisible”. Para García Torres, o director “quixo dar a imaxe de que houbo un erro interpretativo” cando en realidade “trátase dunha posición de fondo claramente política”.

Na reunión de onte, a directora xeral de Formación da Consellería de Traballo e presidenta do Padroado da fundación, Ana María Díaz, “efectuou un chamamento á liberdade de expresión”, explicou, ao igual que os demais membros do Padroado.

“Dixeron verbalmente que non ían censurar, nun xiro para que pareza que non hai discrepancias políticas e só técnicas”, indicou García Torres, que considerou que ao director xerente da fundación “deixárono totalmente só” xa que “hai máis responsables” desta situación “que quixeron abandonar o barco”.

Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A Xunta recúa" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.27 Segundos