NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pinturas do XVI en San Andrés de Teixido

PHP-NukeAlgúns sabían da súa existencia, como pode ser o caso do cronista oficial de Cedeira, Rafael Usero, pero moi poucos víronas ata agora. Trátase dunhas pinturas do século XVI que, situadas detrás do retablo do santuario de San Andrés, agora saen á luz por mor das obras que a Xunta realiza no exterior do templo para tratar de libralo das humidades. O mural, no que se representa o martirio de San Andrés, desenvólvese sobre unha parede que deixou de estar á vista no século XVII con motivo da construción do retablo que aínda hoxe ocupa o altar maior do templo.
Un complexo exercicio de contorsionismo desde unha das hornacinas do retablo requírese para acceder a un habitáculo sumamente estreito sobre o que destaca a imaxe de San Andrés, flanqueado por dous verdugos.


© 2010 - Diario de Ferrol


O santo vestido con longa túnica, e sobre a cruz aspada, ocupa o centro da imaxe, na que os verdugos, de perfil, dan a cara ao apóstolo e dedícanse á difícil tarefa de amarralo ao instrumento de suplicio. A escena tamén recolle ao sayón da esquerda fincando un xeonllo e unha representación da crucifixión situada á mesma man. Á dereita todo parece indicar que habería outros personaxes, porque na parte superior das pinturas tamén se pode ler: San Pedro, San Pablo (...) e por baixo deste texto figura outro no que queda constancia do autor das pinturas. Así está escrito que "etas:pintura:fizo:harez:pedro:de:navarro: ermitaño. Ano: de:me (ano de mil e ...)". Do colorido da composición sobresaen os ocres e os grises e as figuras, aínda que ríxidas, foron realizadas con gran correción en canto ao trazado. Así, polo menos, destácano os expertos, entre os que cabe citar ao cronista de Cedeira, Rafael Usero, e o arqueólogo contratado pola Xunta para supervisar os traballos, Emilio Ramil. O primeiro, no seu día, recolleu na súa publicación "O santuario de San Andrés", a localización das pinturas no ano 1970 por parte do capelán Xullo Ladra, unha vez que se preocupou en desprender o conglomerado de capas de cal que cubrían case por completo a parede do fondo do presbiterio do santuario.
Pola súa banda, Ramil establece que, dadas as características da composición, podería tratarse dun mural ata anterior ao século XVI "o estilo de pintura arcaizante desenvolveuse ao longo do Románico e ata esta época". De ser así, tal e como destacou onte o arqueólogo, situaría ao santuario de San Andrés entre os escasos lugares que a día de hoxe poden presumir de ter unha pintura deste período, excepcionais no caso de Galicia. Pór o feito en coñecemento de Patrimonio e esperar que os técnicos da Xunta confirmen cada un dos termos ata agora avanzados polos expertos consultados son os pasos preceptivos para garantir a conservación e posta en valor dun n>, que aínda incrementa o valor patrimonial de San Andrés, xa moi elevado desde o punto de vista etnográfico. As obras que fixeron posible a localización das pinturas son as que deron comezo despois do verán coa idea de estabilizar os muros perimetrales do atrio, a recuperación dos antigos postos de venda de artigos tradicionais e a drenaxe da parte posterior do templo para tratar de evitar a acumulación de auga que daba lugar a un importante problema de humidades no interior do templo, no presbiterio. Este espazo é precisamente no que foron localizadas as pinturas. Pola súa banda, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, sinalou a importancia do achado por canto revaloriza aínda máis un espazo único e moi vinculado á tradición popular. Vergara considerou necesario o desenvolvemento dun plan especial en San Andrés.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Pinturas do XVI en San Andrés de Teixido" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos