- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 75 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Sonreiras

PHP-NukeO proxecto para recuperar a cetaria de Sonreiras, en Cedeira, será presentado a mediados desta semana no Ministerio de Medio Rural e Mariño, coas últimas modificacións que se esixiron sobre o plan inicial elaborado polo Concello de Cedeira. «Foron cambios en detalles e aspectos de natureza ambiental», explica o alcalde do municipio, José Luís Vergara Rey.

Será Rafael Eimil, responsable da Demarcación de Costas en Galicia quen presentará o proxecto ante o ministerio. «Esperamos que non lles poñan novos problemas, e que poidan sacar pronto a concurso a actuación», asegura o primeiro edil. Desde o Concello prevén que as obras comecen a principios do próximo ano, se non hai novas esixencias e modificacións.


© 2010 - La Voz de Galicia


O proxecto de remodelación da cetaria será financiado integramente por Costas, e segundo Vergara Rei as obras ascenderán a trescentos mil euros. Desde o Concello esperan poder comezar pronto coa recuperación das instalacións e que non volvan sucederse máis inconvenientes. «É unha promesa que fixo o antigo equipo cando veu inaugurar o paseo fluvial, e logo de atrasalo, agora vai coincidir a presentación co cambio na directiva», recorda o alcalde.

Á espera de que Costas aprobe o último texto, o goberno municipal confía en que a administración financie os traballos «a pesar do momento de crise e recortes económicos» que se están levando a cabo. «Queremos pór en valor e revitalizar un espazo que foi moi importante fai quince anos para a industria marítima e pesqueira da comarca».

Centro de investigación

O novo proxecto contempla converter o recinto nun lugar para o estudo e a investigación da fauna mariña. Preténdese integrar a cetaria na reserva mariña de Cedeira creada hai pouco máis dun ano. «Temos a segunda reserva máis importante de Galicia, que debe ser suplementada con accións de investigación, pedagóxicas e de divulgación científica», explica Vergara.

O Concello espera acordar un convenio coa universidade para utilizar as instalacións como centro de estudo marítimo. «Tamén se vai a converter nun espazo moi importante para a confraría de pescadores do municipio, que poderán servirse das novas infraestruturas para divulgar os seus proxectos», espera o alcalde.

Ademais de ser un lugar para preservar a pesca, con esta iniciativa o Concello espera ofrecer novos motivos aos turistas para escoller a cidade como lugar de destino, e atraer a novos visitantes. Tampouco se descarta que no futuro a cetaria póidase converter nun museo marítimo no que se mostre o valor e a diversidade mariña de Cedeira.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Sonreiras" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos