AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 2.500 delegados

PHP-NukeO Consello Nacional decidiu fixar para o vindeiro 10 de maio a Asemblea Nacional extraordinaria que dotará o BNG dunha nova dirección política. Logo de case cinco horas de xuntanza, que comezou coa dimisión en pleno da Executiva Nacional (incluído o líder, Anxo Quintana), decidiuse que na comisión organizadora da asemblea estean presentes representantes de todos os sectores do BNG: Francisco Jorquera e Alberte Ansede (UPG); Carlos Aymerich e Roberto Mera (quintanistas); Mario López Rico (Encontro Irmandiño); Alberte Rodríguez Feixoo (Esquerda Nacionalista); e Noa Presas Bergantiños (do sector do Movemento pola Base que continúa dentro do Bloque).

Finalmente a asemblea vai ser por delegados. Un total de 2.500, un milleiro máis que na última, acudirán á cita. A UPG e o “quintanismo” non aceptaron a demanda dos sectores críticos que exixían que todos os afiliados puidesen asistir. Porén, entre todos acordaron facer unha “asemblea moi participativa” na que se revisen as teses políticas da organización.

Logo da dimisión en pleno da Executiva, que só mantén en funcións as diferentes secretarías, o Consello Nacional vai ser o máximo órgano político do BNG até que a asemblea nacional elixa unha nova dirección.

Diferentes fontes do BNG consultadas por Vieiros, sinalaron que o Consello Nacional transcorreu dunha maneira máis ordeada do que en principio se agardaba. Poucas horas antes do mesmo intensificáronse as reunións a varias bandas. Os “quintanistas” primeiro e logo a UPG aceptaron dúas das tres condicións que poñían os sectores críticos: Dimisión da Executiva e convocatoria urxente dunha Asemblea Nacional.

Durante as vindeiras semanas as distintas partes intentarán presentar unha candidatura unitaria na que estean presentes todas as sensibilidades da fronte. De concretarse, a férrea alianza entre UPG e “quintanistas” deixará paso a combinacións máis plurais.

(11.40 horas)
O até o de agora voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, abriu este sábado o Consello Nacional da formación anunciando que nas vindeiras semanas vai abandonar o cargo de voceiro nacional. Nun discurso de pouco máis de quince minutos, Quintana revelou que a Executiva Nacional dimite en pleno, aínda que queda en funcións para evitar un baldío até que se celebre a Asemblea Nacional extraordinaria. O Consello Nacional ten que elixir agora unha xestora que será a encargada de preparar a asemblea.

O de Allariz propuxo unha asemblea por delegados aínda que pediu que fose “o máis ampla posíbel”. Para iso, avogou para que, como mínimo, participen 2.500 militantes. Quintana sinalou que maio podería ser a data idónea para o debate nacional. Logo de anunciar que non se presentaría outra vez á portavocía nacional, Quintana afirmou que, aínda abandonando a primeira liña, "sempre vou estar ao dispór do BNG".

Quintana pediu perdón polos posíbeis erros cometidos e convidou á militancia a manter a unidade da organización. Posteriormente, xa a porta pechada, comezou o debate no Consello Nacional.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"2.500 delegados" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos