 |
| Menú |  |
| Online |  |
Actualmente hay 35 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
| Información |  |
|  |
 | Feirón na Vila |
O Concello de Cedeira prevé ampliar desde o próximo mes de decembro a
celebración do tradicional feirón ao primeiro e terceiro domingo de cada
mes. Na actualidade, e desde fai máis dunha década, o paseo marítimo de
Cedeira convértese a segunda xornada dominical do calendario nun
auténtico mercado ao aire libre no que se instalan centenares de postos
de venda ambulantes e ao que se desprazan outras tantas persoas de todos
os concellos da comarca.
Debido á importancia que representa esta actividade para a economía da
vila mariñeira, o goberno local tratará de atender con esta decisión as
frecuentes demandas dos comerciantes que participan de ampliar os días
nos que se celebra o popular mercado, e así os seus beneficios.
Alfredo do Río López, concelleiro de Industria, Comercio e Industria,
asegura que se trata dunha medida que dinamizará as vendas en tempos de
crise económica.
E é que o feirón de Cedeira, ademais de por os visitantes que recibe,
destaca pola diversidade de produtos que ofrece. Postos de artesanía, de
alimentación, calzado e téxtil, entre outros, ofrécense no paseo
marítimo desde que no verán de 1999 o Concello cedeirense decidise
recuperar un modo de venda que aínda recordaban os avós co fin de
recuperar vellos costumes e impulsar unha actividade económica con gran
peso na vila.
O exemplo doutros concellos
A pesar do carácter tradicional deste xeito de venda, son moitos os
concellos que apostan polo seu desenvolvemento debido ás vantaxes
económicas que leva.
O do municipio de Pontedeume é un dos máis coñecidos e visitados.
Celébrase todos os sábados do mes e no que concorren vendedores e
compradores de toda a comarca.
Poden adquirirse desde produtos do campo e apeiros de labranza ata animais de compañía e alimentos típicos da comarca.
Link: VONLIne
|
|
|
|
| |
| Enlaces Relacionados |  |
| Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
| Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
| "Feirón na Vila" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
|
| | Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|