|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 71 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| HERNÁNDEZ DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA |
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín
Hernández, destacou esta mañá o compromiso da Xunta coa vertebración do
norte incrementando o investimento da vía de altas prestacións da Costa
cun orzamento de 21,4 millóns de euros. Manifestou que a pesar do
recorte orzamentario que o seu departamento tivo que asumir, a Xunta
blinda e garante a inversión necesaria para a construción da VAP con
este investimento, o que supón un incremento dun 23% respecto do
orzamento presupostado en 2010 (17 millóns de euros)
As contas de 2011 O conselleiro de Medio Ambiente destacou que nos
orzamentos do ano 2011, unha porcentaxe elevada está relacionada coas
infraestruturas viarias, xa que dos 32 millóns de euros un total de 24,8
se dedican a proxectos relacionados con eixes de comunicación como:
proxecto de humanización das vías autonómicas en Ferrol (1,9 M€), obras
da autovía Ferrol- Vilalba, treito Igrexafeita- Cabreiros e Espiñaredo-
Cabreiros (1,2 M€), así como o acondicionamento da estrada
Ferrol-Cedeira (AC-566).
© 2010 Xunta de Galicia
Dcto. formato PDF: preme aquí
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avanzou
esta mañá que a Xunta de Galicia investirá máis de 32 millóns de euros
en Ferrol e a súa comarca e sinalou que un 67% destes orzamentos
corresponde a execución desta vía de alta capacidade: Concretou que dos
21,47 millóns de euros para a VAP Ferrol-San Cibrao, máis de 10 millóns
destinaranse ás obras desta vía ao seu paso pola provincia da Coruña.
O
representante do Goberno galego avanzou esta mañá estas cifras durante a
visita ás obras do Auditorio de Ferrol, nas que o Goberno galego
investirá un total de 400.000 euros ao longo do presente ano e que
elevan a inversión total da Xunta neste equipamento dotacional da cidade
en máis de 14 millóns de euros. A previsión da Xunta é que as obras
rematen en marzo de 2011.
As contas de 2011 O conselleiro de
Medio Ambiente destacou que nos orzamentos do ano 2011, unha porcentaxe
elevada está relacionada coas infraestruturas viarias, xa que dos 32
millóns de euros un total de 24,8 se dedican a proxectos relacionados
con eixes de comunicación como: proxecto de humanización das vías
autonómicas en Ferrol (1,9 M€), obras da autovía Ferrol- Vilalba, treito
Igrexafeita- Cabreiros e Espiñaredo- Cabreiros (1,2 M€), así como o
acondicionamento da estrada Ferrol-Cedeira (AC-566).
Aclarou que
non só hai que facer infraestruturas, senón que tamén hai que establecer
mecanismos que redunden na mellora da mobilidade dos cidadáns, como é o
transporte metropolitano, ao que destinarán 1,5 millóns de euros para a
súa implantación definitiva.
A estas cifras hai que engadir os
investimentos en materia de vivenda e solo, que no caso de Ferrol se
traduce en investimentos para o polígono residencial de O Bertón e para
as vivendas de promoción en Bertón. Estas dúas actuacións da Consellería
de Medio Ambiente implicarán un investimento de máis de 3 millóns de
euros.
Por último, manifestou que en materia de augas garantirase
a execución de catro actuacións importantes en tres concellos da
Comarca de Ferrol, por un investimento de máis de 2 millóns de euros
para o inminente exercicio. Así, en Ares financiaranse as actuacións de
saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol e
a dotación de depósitos e colectores xerais de abastecemento na
parroquia de San Pedro de Cervás; en Cedeira impulsarase a estación
depuradora de augas residuais (case 400.000 euros) e en Narón as obras
da segunda fase do saneamento na parroquia de San Mateo (250.000 euros).
Matizou
que estas son unhas liñas de acción que, xunto con outros proxectos da
actual Xunta, implicarán unha mellora na calidade de vida dos máis de
160.000 veciños da comarca de Ferrolterra, nas relacións comerciais e
empresarias desta zona, así como no desenvolvemento e nas oportunidades
de futuro desta terra.
Para concluír, afirmou que o seu
departamento fará un esforzo importante para a optimizar os recursos da
Administración, que son os recursos dos galegos, co obxectivo de
investir naquelas actuacións que repercutan nun aumento da calidade de
vida da xente.
Auditorio Ferrol A Consellería de Medio
Ambiente destinou un total de 14,87 millóns de euros nas obras do futuro
Auditorio de Ferrol. No proxecto tamén se inclúe unha partida de máis
de 800.000 euros destinados a dotacións e equipamentos necesarios para a
súa posta en funcionamento. Este orzamento permitirá adquirir 900
butacas e equipamento escénico, como o solo desmontable do escenario e o
telón cortafogo, así como os equipos de megafonía de voz e datos.
A
porcentaxe de obra executada ascende ata o 75% e os traballos que se
están a ultimar e que se rematarán nos vindeiros meses seguintes son a
fontanaría, electricidade, climatización, protección contraincendios,
mobiliario e sinalización, equipamento e urbanización da parcela.
Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"HERNÁNDEZ DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|