- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Quen gaña é o folk

PHP-NukeCun Teatro Rosalía de Castro repleto, o público pasouno onte en grande na entrega dos PREMIOS OPINIÓN de folk. Guadi Galego foi elixida polo xurado como a creadora do mellor traballo, co seu primeiro disco en solitario, ‘Benzón’. Se o Cuarteto Caramuxo e Nova Galega de Danza compartiron o segundo posto desta novena edición da gala, o recoñecemento a unha traxectoria foi para Na Lúa Era a festa do folk da terra e a festa de Guadi Galego, a gañadora da novena edición dos PREMIOS OPINIÓN. Emocionada recibiu o galardón no Teatro Rosalía de Castro; emocionada porque co seu disco Benzón debutou en solitario; emocionada porque o público agradeceulle con aplausos o seu traballo a prol da música galega.


© 2010 La Opinion Coruña



Cheo a rebentar no teatro. Empezou o outono e con el o cheiro a castañas por Riego de Agua e pola rúa Real. "Serán dúas horas de música feita por músicos galegos e iso é o máis importante", destacou Miguel Fernández, xornalista que se encargou de facer de conductor da gala, unha voz e unha cara coñecida porque ata fai pouco presentaba na Televisión de Galicia do programa cultural Miraxes.
O primeiro en subir ao escenario foi Germán Díaz, un mago da zanfona que durante vinte minutos abraiou aos presentes coa súa capacidad para facer vibrar este peculiar instrumento. Creativo da música, pois a sonoridade das súas notas encheu o escenario, pero tamén da verba. É de Valladolid, pero leva moitos anos en Galicia, dende que colaborou co grupo Laio, polo que xa empeza a pegárselle a retranca. Tivo tempo ata de contar unha anécdota, cando nun concerto un home de 92 anos non paraba de interrumpilo entre canción e canción, ata que o vello lle dixo: "Recordo escoitar este instrumento no pobo, pero con música bonita". De repente, os aplausos tornáronse en gargalladas e as gargalladas en aplausos.
A zanfona pode interpretarse só, como fixo Germán Díaz, ou acompañado. Foi o caso do seguinte grupo: 8 Rodas, que forman a sección deste instrumento na orquesta SondeSeu. Ofreceron un recital de ritmos, con pezas que eles mesmos definiron como "tuneadas". Germán Díaz e 8 Rodas foron o anticipo dunha noite cargada de folk.
O primeiro momento emotivo chegou da man do grupo Na Lúa, merecedor do PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA 2010. O xurado destacou dos seus integrantes os trinta anos de traballo en defensa da lingua e da cultura galega. Agora, o grupo atópase nunha etapa de "silencio" e incluso eles bromearon cun posible retorno: "Imos volver, pero hai que esperar a que pase a crise".
As boas sensacións continuaron no Rosalía coa presentación en solitario de Sonia Lebedynski. Soa no escenario con Xosé Lois Romero e o seu acordeón. "O noso propósito é facer a música que sentimos", destacou a artista, antes de demostrar que é capaz de encher coa súa voz todo o teatro. Pediu "tempo" para publicar o primeiro disco: "Hoxe [por onte] será o primeiro paso desta nova andaina".
O público mostrouse encantado coa artista e ela agradecida pola oportunidade de dar ese paso adiante acabou con Paraíso de sal. "Viñamos con ilusión e un pouco... nerviosos. É o comezo dalgo que perdurará no tempo", destacou Sonia Lebedynski.
Tanto Guadi Galego como Sonia Lebedynski compartiron escena nos primeiros PREMIOS OPINIÓN. Onte, volveron ser protagonistas, pois a artista cedeirense gañou esta novena edición. O xurado quixo destacar o bo traballo de Guadi Galego no seu disco Benzón, no que mestura pop, jazz e folk, e grazas o cal conseguiu ser o mellor álbum do ano na votación.
Non foi a única triunfadora da noite. O xurado otorgou dous premios máis e, como novidade, foi compartido. En segundo posto nos PREMIOS OPINIÓN de folk quedaron Nova Galega de Danza, polo seu disco Tradicción, e Cuarteto Caramuxo —"Encantados da vida"—, co seu traballo Tiruriru.
A felicidade de todos era evidente por ser protagonistas nesta gala organizada por Óscar Losada, crítico musical deste xornal. A Guadi Galego entregoulle o galardón o gañador do ano pasado, o grupo Lizgairo polo seu disco Diacronías. A artista estivo moi emotiva e tratou de non esquecerse de ninguén.
Guadi Galego fixo un pequeno percorrido por aqueles que lle axudaron a converterse nunha das galegas más recoñecidas do folk. Primeiro, agradeceu a colaboración de "25 amigos e amigas" que tivo neste primeiro disco en solitario porque sen eles non existiría Benzón. E despois chegou o turno doutros amigos e amigas cos que se formou na música, como Berrogüetto, grupo ao que estivo unida durante dez marabillosos anos.
Pero como de verdade agradeceu Guadi Galego este primeiro premio foi coa súa voz, coa interpretación dalgunhas das cancións máis destacadas do seu disco. Un privilexio, pois debido aos múltiples colaboradores que tivo non foi un álbum para levar a escena. Nesta ocasión estivo acompañada polo trío do pianista Alejandro Vargas, tres artistas cubanos que despois de demostrar as súas capacidades con A descarga ao vivo empezaron a colaborar coa gañadora. Un final perfecto para unha noite perfecta.

Link: Fernando B. - La Opinión Digital ONLINE



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 2


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Quen gaña é o folk" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos