|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 72 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| TEGA: Álvarez non será candiadata en 2011 |
A alcaldesa de Valdoviño, Isabel Álvarez, anunciou no comité comarcal de
TEGA -celebrado o pasado luns na sede do partido en Santa Icía, Narón- a
súa intención actual de non ser a candidata de Terra Galega á alcaldía
valdoviñesa en 2011. Pola súa banda, o concelleiro Gonzalo Doce asegurou
que nos próximos días comunicará oficialmente á agrupación se continúa
ou non formando parte de TEGA.
Actualmente ambos manteñen a súa ficha no partido, aínda que polo
momento non clarifican publicamente a súa postura de face ao futuro máis
inmediato. O que si confirmaron ambos no transcurso do encontro
celebrado en Narón é que non formarán parte das listas do PP, unha
decisión que confirmaron tanto a alcaldesa como o concelleiro.
O alcalde naronés, Xosé Manuel Branco, foi o encargado de presidir unha
reunión á que non puido asistir o secretario xeral do partido, Xermán
Tobío, tal e como el mesmo confirmou. En calidade, segundo recalcou, de
portavoz da reunión comarcal, Branco indicou que tanto Álvarez como Doce
recoñeceron o pasado luns que continuaban en TEGA, especificando que "se algún día toman unha deisión, comunicaranlla aos órganos do
partido".
A próxima reunión comarcal celebrarase a finais do próximo mes de
outubro, probablemente o día 25. Antes de que o encontro teña lugar
coñecerase a decisión do edil Gonzalo Doce con respecto á agrupación,
segundo el mesmo asegurou.
Acerca das últimas situacións vividas en Terra Galega -coas baixas
oficiais do edil Antonio Montero e o presidente do comité local de
Valdoviño, Xosé Carlos Freire como feitos máis recentes-, Branco aludiu a "intereses de xente que se foi do partido para desestabilizalo". "Aí
non imos entrar, non van conseguir cargarse o partido", subliñou o
portavoz da reunión do comité comarcal de TEGA.
Xosé Manuel Branco explicou que, de face ás próximas eleccións
municipais están traballando conxuntamente os comités de Ferrol, Narón,
Neda e Valdoviño para tratar de "consolidar o partido" na comarca de
Ferrolterra
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"TEGA: Álvarez non será candiadata en 2011" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|