NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 62 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 SOBRE A FESTA CELTA DO LUGNASAD CEDEIRA 2010

PHP-NukeAsinado:
Manuel Aneiros Loureiro. Único encargado pola Concellería de Turismo do Concello de Cedeira para realizar os servicios de xestión e organización da II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010.

( Se desexas ve-lo orixinal en PDF: preme aquí )


Ante algúns comentarios insidiosos e malintencionados que se publicaron, que non se corresponden coa realidade, e que ben poideran entenderse como con ánimo de acabar cunha festa que en opinión xeneralizada foi altamente beneficiosa para o concello de Cedeira, quixera expoñer unha relación de feitos:

1.- En Xaneiro de 2010 o Concello de Cedeira aínda non había feito ningún pago dos gastos da festa do ano anterior (I Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2009) aos que se había comprometido a Concellería de Turismo (honorarios do organizador, grupos musicais e de baile, cartelería, fotos, etc.), que se presentaron, coas súas facturas correspondentes, en setembro de 2009, aos poucos días de remata-la festa.

2.- En Febreiro de 2010, Manuel Aneiros Loureiro, promotor e organizador da Festa Celta do Lugnasad de Cedeira, solicita da Concellería de Turismo (coa que se había falado para organiza-la festa do 2009) que se fagan todos eses pagos se se quere preparar unha segunda edición, xa que non considera ético volver a solicitar colaboracións sin antes haber abonado as anteriores. A Concellería de Turismo está dacordo en facer eses pagos e en maio de 2010 o Concello abonou toda-las facturas pendentes directamente aos colaboradores.

3.- Ao mesmo tempo, en Febreiro de 2010, Manuel Aneiros Loureiro, solicita da Concellería de Turismo que se lle abonen por adiantado os honorarios polo seu traballo correspondente á preparación e organización da II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010, xa que se prevén unhos gastos considerables de representación, viaxes, etc. e os meses de xunio, xulio e agosto adicados a organiza-la festa, e que estima en 3.000 euros.

4.- A Concellería de Turismo está dacordo en abonar os honorarios de Manuel Aneiros Loureiro para xestionar e organiza-la festa de 2010, pagar aparte a cartelería da festa, que levaría o anagrama do concello e non facer ningún outro pago para a festa xa que, segundo dixeron, non dispoñían de fondos. O mesmo concelleiro suxireu a Manuel Aneiros Loureiro que se formara unha asociación para pedir subvencións cara as festas do Lugnasad de anos vindeiros.




5.- O día 23 de Febreiro de 2010, Manuel Aneiros Loureiro presentalle ao concellal de Turismo a factura correspondente aos seus honorarios, polo seu traballo, para xestionar a II Festa Celta do Lugnasad, como reza no encabezamento da factura, e que na descripción dí o seguinte:
“Gastos de preparación da II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010”, que son os  honorarios a título persoal de Manuel Aneiros Loureiro, polo seu traballo para a xestión da II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010. O día 30 de marzo, entra a factura polo rexistro e o día 29 de abril ingresa directamente o concello de Cedeira na conta de Manuel Aneiros Loureiro a cantidade de 2.550 euros, dos 3.000 que había solicitado pola súa xestión (resultado de descontar o IRPF).
O concello de Cedeira pagoulle a Manuel Aneiros Loureiro, a nivel particular, esa cantidade polo seu traballo para prepara-la II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010.

6.- Non habendo outro tipo de ingresos (xa que unha cousa é o xornal dun operario e outra o material co que traballa), Manuel Aneiros Loureiro, percorre a vila con algún colaborador voluntario para recadar fondos para os gastos de festa en sí (compra de material, viaxes, pegado cartelería, etc.), solicitando de comercios e empresarios algún tipo de axuda. Uns axudaron en metálico e outros en especies, doando xoguetes e libros para as actividades dos xogos dos nenos, comida, etc.

7.- O día 19 de marzo de 2010 levantouse a acta fundacional da Asociación Festa Celta do Lugnasad co a intención de xestionar a festa cara a anos vindeiros, xa que nesta edición non había posibilidades de pedir subvencións. O día 22 de marzo preséntase a solicitude de inscripción da asociación no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia e o día 28 de xuño de 2010 queda inscrita a Asociación Festa Celta do Lugnasad no Rexistro Xeral de Asociacións. O día 20 de xullo de 2010 decídese abrir unha conta a nome da asociación na entidade bancaria Caixa Nova, para xestiona-los fondos económicos que poideran derivarse das vindeiras subvencións.

8.-A xestión da II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010, correu a cargo, única e exclusivamente de Manuel Aneiros Loureiro, segundo tiña tratado coa Concellería de Turismo, como se pode comprobar na factura que Manuel Aneiros Loureiro entregou ao Concello e que éste abonou directamente na súa conta persoal, 2.550 euros (dos 3.000 sen o IRPF), segundo a Resolución da Alcaldía, Decreto Pago de Facturas, copia da cal se engade ao final deste escrito.

9.- A Xunta Directiva da asociación Festa Celta do Lugnasad foi informada no seu momento de que a xestión da II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010 corría a cargo única e exclusivamente de Manuel Aneiros Loureiro, aínda que calquera membro da asociación podía colaborar a nivel particular.
Por importantes diferencias internas con un membro da asociación sobre a interpretación de todos estes feitos e documentos, foi polo que a maioría dos membros (todos, menos un) decidiron disolver a asociación Festa Celta do Lugnasad, que non chegou a ter operatividade ningunha nin fondo económico algún.

10.- Toda a documentación que aquí se expón é de dominio público e de acceso libre para quen queira solicitala, tanto no Concello de Cedeira, como na entidade bancaria Caixa Nova, no Ministerio de Economía e Facenda ou no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.

11.- Por último, alén disto, quero expresar o meu máis sincero agradecemento a toda a xente que colaborou e participou dun xeito ou doutro na realización da festa, amigos, empresarios, comerciantes, e veciños de Cedeira, e a todos aqueles que fixeron as súas cabanas, vestiron de época e participaron na festa, xa que gracias a eles é polo que o nome de Cedeira se presenta a nivel de toda España como un referente dunha festa moi particular, como demostrou no seu día a cobertura de importantes canles de televisión que ata desplazaron unidades móbiles para cubrir o evento. A Festa Celta do Lugnasad causou en Cedeira unha actividade sin precedentes en moitos aspectos, do que poden dar fe comerciantes e veciños da vila, algunhos dos cales xa enviaron comentarios de agradecemento ao organizador e ao concello, garantindo o seu apoio a Festa Celta do Lugnasad para próximas edicións.


Asinado:

Manuel Aneiros Loureiro. Único encargado pola Concellería de Turismo do Concello de Cedeira para realizar os servicios de xestión e organización da II Festa Celta do Lugnasad Cedeira 2010.




 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"SOBRE A FESTA CELTA DO LUGNASAD CEDEIRA 2010" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos