- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 49 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O Concello intenta canalizar a polémica polo Lugnasad

PHP-NukeO éxito da segunda edición da festa celta de Cedeira, o Lugnasad (entre o 26 e o 28 de agosto), quedou empañado polas acusacións vertidas polo vicepresidente da Asociación Festa Celta do Lugnasad, Miguel López, sobre o presidente da entidade, Manuel Aneiros. O primeiro fixo público un comunicado no que acusa a Aneiros de non informar á xunta directiva sobre os ingresos e gastos da celebración. Tamén afirma que favoreceu economicamente a determinadas persoas para que sacasen un beneficio da feira.
Aneiros responde que esas afirmacións son falsas e que hai unha clara confusión en relación coa organización do Lugnasad. Explica que este ano, como en 2008, foi el persoalmente quen se encargou da xestión, recibindo para iso 3.000 euros do Concello de Cedeira, en febreiro. A asociación, segundo o seu relato, non se creou ata marzo e quedou constituída en xuño, polo que non estaba en prazo para pedir subvencións, que a entidade tramitaría xa para 2011. "Eu fun contratado polo Concello", afirma, "a xestión era particular".

Respecto da venda de produtos na feira, Manuel Aneiros asegura que era libre e aberta para todos os veciños de Cedeira.

O Concello, a través do seu alcalde, José Luís Vergara, intentou mediar para limar asperezas e que non se faga un dano irreversible a unha celebración que encheu establecementos e hoteis. "A festa foi un éxito e isto faille un dano brutal ó Lugnasad e ós comerciantes", di o alcalde. "Nunha asociación de carácter privado non podemos intervir. En tódalas sociedades hai xente que traballa de maneira altruísta e outros que cobran. As relacións entre uns e outros teñen que ser de total transparencia". Vergara asegurou que o ano que vén volverá haber presuposto para o Lugnasad, pero que, como socialista, preferiría cambiar a fórmula e dar o diñeiro a través dunha subvención á asociación.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O Concello intenta canalizar a polémica polo Lugnasad" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos