|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 47 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Detido por ameazar cunha arma |
Un veciño de Cedeira, de 32 anos, e que responde ás iniciais A.M.C.P,
foi arrestado a pasada madrugada tras ameazar cunha pistola de fogueo ao
persoal dun club de alterne situado na estrada de Castro, en Narón.
Segundo indicaron fontes policiais, o imputado sacou a pistola tras perder todo o seu diñeiro nas máquinas comecartos xunto a unha empregada do establecemento.
Chegada a hora do peche do local, os encargados pedíronlle que abonase a conta das súas consumicións, pero A.M.C.P, «en actitude chulesca» e manifestando que era policía, sacou a pistola e apuntou a unha das mulleres. A continuación, ameazou con disparar a todos os que se atopaban no establecemento.
Axentes da Policía Nacional desprazados ata o lugar do altercado lograron reducir e deter ao individuo, que xa foi posto a disposición xudicial.
A arma intervida tratábase dunha pistola de fogueo manipulada cuxo análise por parte da Policía Científica consistirá agora en saber se podería efectuar ou non disparos.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Detido por ameazar cunha arma" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|