|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 20 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Sotavento - Por Vicente Araguas |
Artigo publicado no Diario de Ferrol.
Eu xa teño falado do poeta cedeirés, Javier R. Vergara, nestas páxinas.
Mais non por razóns poéticas senón por cuestións lexicográficas, tamén
relativas á etnografía, e iso polo seu libro exemplar “Redes e peixes.
Saberes dun mariñeiro”. No que aprendemos artes, costumes, palabras
aplicadas ao mester que se ven practicando en Cedeira desde que o ser
humano
tomara posicións na fermosísima vila. Onde é imposible non sentirse ben.
Onde as ondas son cristal e aceiro. Onde a xente ten por norma acoller
con hospitalidade a quen alí acode. Así que xa imaxinarán con que
alegría vou estar en Cedeira, mañá, as 12: 30, no Auditorio. Presentar a
última aventura poética de “Sotavento” chamada “Camino de Aromas”.
Estarei co autor e con Xosé Luís Vergara, alcalde de Cedeira, e tamén co
musicólogo Xosé Antón Suárez. Os catro a encetar esta boroa que
recende, esta bola poética sabedora, na que hai amor humano, e hai
anseios místicos, e hai poesía para todas as estacións desde as
anécdotas que se fan categoría porque “Sotavento” hai moito que se
mergullou no mar da lírica. E tivo de facelo por necesidade, porque
neste home aniña unha radicalidade poética, un sentir dorido, que se non
se fai verso estoupa, estala, voa e revoa nunha chea de estrelas no ceo
de Cedeira. Riba de Ponta Candieira, en San Antón do Corveiro ou camiño
de San Andrés. Coma nós, mañá domingo no Auditorio de Cedeira, ás 12:
30. Arroupando a Vergara como merece.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Sotavento - Por Vicente Araguas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|