- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 59 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Pois si: o centro se arrexunta...

PHP-Nuke
Hai oco electoral e necesidade política
A pesar de que nos últimos meses dábase por suposto que os pequenos partidos, boa parte dos cales se autonomean "de centro" estaban en fase de liquidación, a situación cambiou, e anúnciase a súa presentación ás municipais. En concreto Terra Galega, por cuxa titularidade litigaron Xoan Gato e Pablo Padín.
É un segredo a voces que ambolos dous políticos -Gato, que foi alcalde de Narón, e Padín, ex/conselleiro no Tripartito- achegaron posturas tras as sentenzas dos tribunais sobre as siglas. E a partir desa nova situación, TG ten decidido acudir aos comicios de maio nuns 200 municipios de toda Galicia.
A partir de aí é probable que outras formacións, como o PG que dirixiu Manuel Soto, o CDS que no seu día fundase Adolfo Suárez e outros de centroesquerda -escindidos do PSOE ourensán- puidesen sumarse ao proxecto. De feito, con algúns deles é un segredo a voces que existe diálogo aberto.


Money, Money

As principais dificultades para a afluencia deses grupos -ou outras listas independentes, algunhas xa no PP por invitación de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra- son de tipo económico. En concreto, a falta de créditos e a obrigación de devolver os antigos.
Terra Galega, como dixo antes das autonómicas Pablo Padín, ten unha situación relativamente saneada -"con liquidez en tesouraría"-, e podería asumir a súa expansión, pero "sen ningún tipo de aventura". Por iso é polo que a fórmula sería a dunha agrupación electoral, sen que TG asumise compromisos financeiros anteriores.
Outro dos problemas é o do illamento mediático deses grupos, e nese sentido é probable que contacten con Núñez Feijóo e Pachi Vázquez para que PP e PSOE propicien, ou polo menos non se opoñan de fronte, a unha maior presenza nos medios públicos galegos. O sitio Entre algúns analistas existe a convicción de que "hai oco electoral e necesidade política", sobre todo de face aos pactos postelectorais alí onde non existan maiorías absolutas. A elección de Xoan Gato para a Cámara de Comercio de Ferrol -mesmo se citou o seu nome para o Consello Galego, que presidirá o vigués García Costas- vese como alentador para o centrismo.
Terra Galega ten na actualidade varios alcaldes e máis de medio cento de concelleiros, e como gusta dicir aos seus dirixentes "é a cuarta forza política de Galicia", a sucesora da Coalición Galega de Gómez Franquiera ou de Xosé Luís Barreiro, que é o home ao que tentou -en balde outra vez- recuperar para a política activa.
Aínda que non chegaron á fase de listas electorais, manéxanse xa varios nomes posibles nas grandes cidades. Iso si, partindo da idea de Padín de potenciar "unha renovación nas caras e nos nomes, dando paso a mozos e mulleres en postos que serán, despois das eleccións, decisivos".
Link: TEGA - Máis galicia ONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Pois si: o centro se arrexunta..." | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos