AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 79 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 ARI a partires de 2011

PHP-NukeAo socaire do monte Eixil, o que lle serviu de defensa natural de piratas e invasores, Cedeira é unha das vilas mariñeiras mellor conservadas da costa galega. Esta característica tampouco se escapou a unha visión máis técnica daquelas persoas que agora están á fronte da delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Foron elas as que fixeron chegar á Alcaldía cedeirense unha proposta que garante, a medio prazo, un investimento de case 4,5 millóns no casco histórico da vila. A fórmula non é outra que a oportunidade que ten o Concello de acollerse ao Plan de Vivendas e Rehabilitación 2009-2012 para desenvolver un Área de Rehabilitación Integral no conxunto de 383 edificios "dos que 307 son unifamiliares" que a día de hoxe sitúanse entre a ladeira do monte e a ensanada da praia da Magdalena.


© 2010 - Diario de Ferrol



O alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, ve tres principais razóns para aceptar de bo grado a idea que, en calquera caso, nunca chegará a materializarse de forma inmediata. O investimento realizado nos últimos anos para urbanizar o casco antigo (máis de 1,3 millóns de euros), o envellecemento da poboación que nel ten fixada a súa residencia e a necesidade de facer deste conxunto histórico un lugar máis atractivo para a xente nova son os argumentos que Vergara interpreta como incuestionables para apostar pola área de rehabilitación, unha fórmula que a día de hoxe xa se aplica con notable éxito noutros municipios da comarca como poden ser os casos de Ferrol, Neda e Mugardos.
A proposta ten todas as posibilidades de saír adiante, por canto un 70% dos edificios que se localizan no citado espazo urbano teñen un innegable interese patrimonial. Así, todos e cada un destes propietarios terían a opción de acollerse a unhas axudas, que poderían chegar ata os 10.000 euros, para acometer calquera reforma, tanto de interiores como de exteriores, nas vivendas. En base a este último dato, os expertos entenden como razoable unha media de 25 intervencións ao ano, o que daría lugar a un investimento conxunto de 250.000 euros anuais. Esta estimación tamén se traduce nunha axuda de 100.000 euros para proxectos de reurbanización e noutra de 60.000 euros anuais para contribuír ao mantemento da oficina de rehabilitación.
Estes cálculos realízanse en base aos oito anos que tería de vixencia a área de Rehabilitación Integral, o que elevaría ata os 4,3 millóns de euros o investimento que quedaría no municipio, sumando tanto axudas públicas como privadas.
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, garda temporalmente o convenio proposto polo Colexio de Arquitectos á espera do orzamento do próximo ano. No mesmo, segundo o rexedor, figurará unha partida específica para acometer a rehabilitación integral do casco histórico. A partir da firma do protocolo, o proxecto podería comezar a desenvolverse nun período máximo de catro meses.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"ARI a partires de 2011" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos