NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Real Academia Galega recorre o decreto do galego

PHP-NukeAnonimo escribió "
Finalmente a Real Academia galega tomou a decisión de levar o decreto do galego de Alberto Núñez Feijóo ante a Xustiza. No día de onte, a RAG informou de que viña de presentar un recurso contencioso administrativo contra a nova norma que regula o uso das linguas no ensino. Antes da presentación do recurso xudicial o organismo a prol do galego informou ao propio presidente da Xunta “por motivos de transparencia e lealdade profesional”.

O recurso presentado fundaméntase no informe elaborado por varios académicos en xaneiro do ano pasado, no que se alertaba do retroceso que podería producir a aplicación da nova normativa no proceso de normalización da lingua galega. “O recurso está inspirado na filosofía do documento que se presentou cando se deu a coñecer o anteproxecto”, manifestou no día de onte o secretario da Real Academia, Xosé Luis Axeitos.



INFORME DESFAVORABLE

Naquela ocasión, cando aínda o decreto non estaba en vigor, a Academia emitiu un informe especialmente duro, que segundo se chegou a dicir dende o Goberno autonómico, alentaba á “inmersión lingüística” en galego, un proceso dentro do ensino considerado como negativo pola Administración popular. Así, a Real Academia Galega consideraba que o novo decreto do galego no ensino era “inconsistente legalmente, irresponsable no sentido estrito e insostible dende o rigor pedagóxico”.

Entre outros factores criticábase que o decreto “non se sustentase nunha mellor organización do proceso pedagóxico, senón unicamente en procesos electorais de dubidosa legalidade e que, por esta razón, non semellan validables polas urnas”. Do mesmo xeito, a RAG informaba de que a norma infrinxía “a lexislación vixente e a xurisprudencia emitida polos Altos Tribunais”. O organismo dirixido por Xosé Luis Méndez Ferrín–naquel momento aínda non tomara posesión do seu novo cargo– sinalaba que a norma “implicaría un atraso no proceso de normalización da lingua galega xa que, entre outras cousas, o Tribunal Constitucional nega inequivocamente que os pais teñan dereito a elixir a lingua vehicular no ensino dos fillos”.

Precisamente, a RAG emitiu este informe no mes de xaneiro non só cunha intención de crítica senón tamén para que a Xunta de Galicia tivese en conta, á hora de modificar o borrador do seu decreto, a opinión dunha institución histórica en Galicia. Non foi así, xa que case que ningunha das achegas que fixo a Real Academia foi incluída no anteproxecto final elaborado pola Consellería de Educación. O secretario da RAG fixo onte fincapé neste feito: “A Xunta non tivo en conta á Academia durante todo o proceso de redacción da nova normativa”, recordou.

O decreto, aprobado finalmente no mes de maio, entrará en vigor o próximo curso e prevé levar a cabo unha consulta aos pais para que determinen a educación dos seus fillos en Educación Infantil, mentres que en Primaria e Secundaria serán os centros os que, teoricamente, definan a lingua de determinadas materias despois de que o Consello Consultivo entendese que o inquérito aos pais nestas etapas “carecía de cobertura legal”.

Segundo o Goberno galego, o decreto garante o “equilibrio lingüístico” entre galego e castelán, así como o ensino “progresivo” dunha lingua estranxeira. Igualmente, dende a secretaría xeral de Política Lingüística, que dirixe Anxo Lorenzo, asegurouse sempre que o novo decreto “garantía a liberdade dos profesores e dos alumnos”, así como a participación “máxima posible” das familias na educación dos seus fillos. Na práctica, os alumnos poderán usar o material curricular na lingua que mellor consideren e, do mesmo xeito, poderán dirixirse aos profesores e redactar os seus traballos no idioma que desexen.

A presentación ou non do recurso ao decreto do plurilingüismo era unha incógnita ata o día de onte. Non se coñecía a data exacta xa que dende a Real Academia aseguraba que non tiñan o aval dos seus avogados para presentar o recurso. O presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrí, sinalou durante esta semana que a institución “tomaría unha decisión” en función do informe dos asesores xurídicos da academia. Cando se deu a coñecer o desfavorable informe do Consello Consultivo sobre o decreto, Ferrín xa pediu directamente a Feijóo que “retirase” a proposta lingüística da ensinanza ante o “clamor social”.

O certo é que a presentación do recurso por parte da Real Academica Galega chega in extremis xa que o vindeiro luns acaba o prazo legal para interpor esta impugnación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En declaracións a Xornal de Galicia, Xose Luis Axeitos, o secretario da Real Academia, manifestou no día de onte que esperaba que a interposición do recurso, algo ao que estaban obrigados “por responsabilidade” non tería por que enturbiar as súas relacións institucionais coa Xunta.

Con todo, a resposta da administración galega non tardou en chegar. O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, amosou o seu repecto pola decisión da institución porque “ten os seus recursos”. Vázquez manifestou que “a Academia é un organismo totalmente independente e autónomo e ten a súa opinión”, e engadiu: “Ao igual que nós, dende o Goberno, estamos seguros de que co decreto somos respectuosos coa Constitución, o Estatuto e a normativa vixente”.

http://www.xornal.com/artigo/2010/07/24/politica/real-academia-galega-interpon-recurso-decreto-do-pp/2010072323265201704.html
"



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"A Real Academia Galega recorre o decreto do galego" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos