- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 46 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Novas

PHP-NukeO Concello de Cedeira traballa xa na elaboración da norma que abrirá o castelo da Concepción ao uso de actividades sociais, tal e como pode ser o caso das vodas. Precisamente foi a petición cursada neste sentido a que fixo ver ao goberno cedeirense a conveniencia de ordenar o uso da fortaleza a fin de, aínda que non restrinxir a entrada, se controlar en certo xeito o uso que se pode facer da mesma. Por ese motivo, segundo a Alcaldía, ao mesmo tempo que se autorizaba o primeiro matrimonio que se celebrará no fortín !feito que ocorrerá o día 21 do próximo mes de agosto" denegábase un posible cátering posterior ao enlace.

O rexedor municipal, o socialista José Luís Vergara, baseou a decisión adoptada polo goberno local na necesidade de velar pola conservación ou simplemente o mantemento daquelas propiedades que son patrimonio de todos os cedeirenses.
Por outra banda, explicou que ata a entrada en vigor do novo regulamento "feito que non se producirá de forma inmediata" o Concello de Cedeira equiparará as vodas do castelo ás oficiadas na Casa Consistorial, no que á taxa refírese. Neste sentido, cabe apuntar que casar civilmente en Cedeira supón un gasto de 60 euros.

Programa de visitas

Pero, a día de hoxe, o goberno local xa soubo como buscarlle rendibilidade a unha construción á que, segundo dise, contribuíu co seu traballo todo o pobo.
A defensa da vila do acoso dos piratas ingleses foi a orixe dunha edificación que, desde o pasado mes de maio, exponse con total regularidade á mirada dos turistas.
O castelo pode ser visitado de xoves a domingo en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. E ata o día de onte, un total de 696 persoas incluíran no seu plan de vacacións ou estancia na vila de Cedeira un percorrido polo castelo.
Segundo a profesional que está á fronte do programa de visitas guiadas "para o cal o Concello contou coa axuda da Xunta" ata agora o mes que resultou máis produtivo, en canto á presenza de turistas na fortaleza, foi maio, cun total de 342 viaxeiros.
O número de turistas descendeu considerablemente durante o pasado mes, no que só foron contabilizadas un total de 234 persoas.
O comportamento do presente mes aínda está sen valorar no seu conxunto, aínda que todo indica que será mellor que o anterior. Ata o día de onte, cento vinte persoas interesáronse en coñecer as características dunha construción que se localiza á entrada da ría de Cedeira.
A entrada segue sendo gratuíta e o goberno, segundo adiantou o primeiro edil, prevé manter o programa de visitas guiadas, polo menos, ata o día 15 do próximo mes de outubro.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Novas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos