AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 22 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Aumento do TAC da pescada

PHP-NukeO director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, trasladoulle ao director xeral de Recursos Pesqueiros e Acuicultura, Alejandro Polanco, a reivindicación do sector galego de aumentar o TAC (Total Admisible de Captura) da pescada de cara ao próximo ano ao entender que hai stock suficiente desta especie, sempre baixo a premisa de garantir unha explotación sostible do recurso.

O responsable autonómico de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños mantivo estes días varias xuntanzas cos representantes da Federación Galega de Confrarías e das Federacións Provinciais, por unha banda e coas asociacións, organizacións e cooperativas representantes do arrastre, por outra, para recoller as súas reivindicacións e poñer en común as principais demandas de cara á cota da pescada para o 2011 nas augas do Cantábrico Noroeste.

A Consellería do Mar, os representantes do arrastre e das artes fixas, e as federacións que representan ás artes menores, palangre de fondo e volanta, coinciden tamén en que o reparto das cotas debe establecerse baseándose nos datos comprendidos entre o período 2002 -2009, e non soamente cos datos comprendidos entre 2005 e 2009, dende que se iniciou o plan de recuperación. Fernández Asensio defendeu neste encontro o cálculo que pide o sector galego “porque eses datos son máis uniformes e, polo contrario os outros varían bastante e favorecen aos que sobrepescaron”.

Cabe lembrar que, segundo o establecido na orde aprobada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, as flotas do arrastre e artes menores poden desembarcar semanalmente 100 quilos por buque, a da volanta 200 e a do palangre de fondo 150. Esta é unha limitación aplicable ata acadar o 100 % do TAC asignado pola UE a España.

O director xeral valorou positivamente a participación, por primeira vez e tal e como o solicitaran, das Comunidades Autónomas neste tipo de reunións para “poder defender os intereses da flota galega” e salientou a importancia de sentarse a traballar “todos xuntos” para elaborar o plan de xestión de 2011 “para evitar que se repita a situación deste ano”. Por último, Fernández Asensio confía en que o Goberno Central interceda ante a UE para aumentar un 15% a cota para 2011.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Aumento do TAC da pescada" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.32 Segundos