- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 28 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Saneamento no rural - Concello de Cedeira

PHP-NukeO goberno de Cedeira acomete a quinta obra dun plan municipal que consiste en dotar de saneamento á zona rural. O proxecto que desde o día 28 de xuño afecta á parroquia de San Román beneficiará a unha poboación de 300 veciños, distribuídos entre os lugares de Arón, Corredoira, Pasada e Vila do Río. Unha cantidade moi similar de persoas tamén vira mellorada a súa calidade de vida coa entrada en servizo de depuradoras e rede de rede de sumidoiros nas poboacións de Cordovelas, Cervo, Corredoira de Cervo e A Xunqueira. Este conxunto de obras, cuxa contía supera os 750.000 euros, levouse a cabo durante o presente mandato municipal.

A intervención que está en curso contratouse pola cantidade de 470.000 euros e o proxecto está sendo executado pola UTE da que forman parte as empresas Ramón Vázquez e Cotraguas. A depuradora que se instalará no lugar de Arón terá capacidade para 700 veciños e a rede de tubaxes discorrerá ao longo duns 2.000 metros. O responsable de Medio Ambiente e portavoz do PSOE no goberno de José Luís Vergara, Manuel Pérez Riola, destacou o feito de que o Concello cedeirense sempre atopou o respaldo de administracións supramunicipais para levar a cabo un proxecto que se pretende completar con intervencións xa previstas para as zonas de Régoa, Sisalde, Barral e o núcleo de Mundín. No caso da última obra, o goberno de Cedeira xestionou unha subvención de 560.000 euros do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación da Coruña. O prazo de execución da rede de sumidoiros de San Román é de doce meses, segundo o contrato.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Saneamento no rural - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos