- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG: Búscase extintor para apagar incendio

PHP-NukeAs feridas do enfrontamento pola dirección provincial do PSdeG da Coruña non cicatrizaron. En outubro do ano pasado, o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o deputado Xosé Manuel Lage desputaron unha secretaría provincial que finalmente foi parar ao primeiro (68% dos votos). Porén, a felicidade da “vella garda” coruñesa non era plena. Lage (31% de apoios) percorrera todas as agrupacións locais e contaba co apadriñamento de Xoaquín Fernández Leiceaga e da propia Mar Barcón.

Os partidarios de Moreda non tardaron en comprender que a candidatura de Lage podía supoñer, a longo prazo, máis problemas dos que xa existentes. O principal é que na propia agrupación local coruñesa, á que pertencen Fernández Moreda ou Méndez Romeu, Lage conseguiu votos dunha parte dos delegados grazas ao apoio de Barcón.

Oito meses despois daquel congreso provincial, as augas baixan outra vez avoltas. Os partidario de Fernández Moreda queren que 'Pachi' Vázquez lle poña a solta a Lage. A edición galega de El País salienta este martes que este sector pide que se lle retiren competencias parlamentarias a Lage polo "protagonismo desmedido" e o seu "comportamento desleal".

Os de Moreda aproveitan un incidente verbal que tivo lugar a semana pasada entre Lage e Méndez Romeu. Mentres un sinalan que Lage acapara "mediaticamente" a atención das tarefas parlamentarias, os partidarios deste último consideran que o problema é que algúns dos que protestan “non son moi activos á hora de traballar no Parlamento".

As listas municipais avivan o lume

Pero a guerra na Coruña vai máis aló das rivalidades Moreda-Lage. O presidente da Deputación contou basicamente co apoio dos alcaldes, mentres que Lage tivo a axuda de cadros que tampouco sintonizan (ou mesmo rivalizan) con eses rexedores nos seus concellos de orixe. Eis unha explicación máis de fondo que terá un segundo capítulo na confección das listas municipais.

A pataca quente cae na man agora de 'Pachi' Vázquez. O secretario xeral dos socialistas intenta que o incendio non vaia a máis e que, tal e como queren os de Moreda, ter que optar por un bando ou por outro. Cun Partido Socialista tocado pola gravísima crise económica e pola posta en marcha de grandes recortes sociais, os socialistas coruñeses ven moi complicado manter o goberno da Deputación. As tensións internas aínda aumentan ese escepticismo.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG: Búscase extintor para apagar incendio" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos