AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 22 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 O BNG axusta contas internas

PHP-NukeEn maio do ano pasado, o BNG pechaba unha asemblea extraordinaria que marcaba un punto de inflexión na historia da fronte nacionalista. Coa resaca dunha recente derrrota electoral, a militancia escollía unha nova dirección que reflectía unha fonda división interna, dúas maneiras de ver a realidade organizativa e social que semellaban difíciles de facer confluir.

Pasado máis dun ano daquel cónclave, a fenda que separa os dous grandes movementos internos do Bloque lonxe de diminuir aumenta. A UPG e Máis Galiza (que recolle a herdanza do antes denominado 'quintanismo') son quen de chegar a moi poucos acordos internos e os puntos de fricción son case continuos. Os últimos tremores, algúns de intensidade máis que preocupante, están a producirse coa elección das listas municipais.

A falta de saber como quedará o pulso na capital de Galiza entre Rubén Cela (UPG) e Xoán Carlos Báscuas (Máis Galiza) e na Coruña entre Afonso Sánchez Regueiro ('tellismo', Encontro Irmandiño e previsibelmente Máis Galiza) e Xosé Manuel Carril (UPG), a Unión do Povo Galego está a mostrar máis forza interna nas loitas urbanas.

O partido que dirixe Francisco Rodríguez marcará a dirección nas candidaturas de Lugo (Antón Bao), Ourense (Isabel Pérez), Pontevedra (Miguel Anxo Lores) e Ferrol. Santi Domínguez (Máis Galiza) volverá ser candidato á Alcaldía de Vigo, aínda que a UPG terá un peso decisivo ao copar os teóricos postos de saída.

As tensións internas poden chegar ao Consello Nacional


O Encontro Irmandiño, a corrente que lidera Xosé Manuel Beiras, instou esta fin de semana á dirección do BNG a convocar un Consello Nacional extraordinario para que “se resolvan os casos de privación de dereitos básicos de participación no proceso de elaboración das listas municipais do BNG para moitos militantes”. Os irmandiños queren que quede sen efecto unha depuración do censo promovida pola UPG o mes pasado e que deixou sen posibilidade de voto nos procesos internos a afiliados que non tiñan as cotas ao día.

A polémica polos censos afecta especialmente á Coruña. Nesta cidade agárdase que a elección de candidato sexa moi apretada. O chamado “tellismo”, canda o Encontro Irmandiño intentan buscar unha alianza con Máis Galiza para derrotar a UPG na asemblea local.

Despois dos procesos nas principais cidades chegará a quenda das cabeceiras de comarcas, onde tamén se agardan fortes loitas entre as dúas principais faccións do BNG.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"O BNG axusta contas internas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos